Mondadori Store

Trova Mondadori Store

Benvenuto
Accedi o registrati

lista preferiti

Per utilizzare la funzione prodotti desiderati devi accedere o registrarti

Vai al carrello
 prodotti nel carrello

Totale  articoli

0,00 € IVA Inclusa

DFW nas profundidades da tristeza infinita - As cancións que lles cantaban aos cativos

Raúl Dans
pubblicato da Laiovento

Prezzo online:
9,00

En DFW nas profundidades da tristeza infinita, Dans afronta un audaz reto dramatúrxico, entre o relato biográfico e o delirio posmoderno, baixo a etiqueta de "non ficción". Unha obra sobre o proceso creativo e as rivalidades literarias que explora os episodios que forxaron a amizade de dous dos máis grandes novelistas americanos contemporáneos: David Foster Wallace e Jonathan Franzen. A acción dAs cancións que lles cantaban aos cativos (XXIV Premio SGAE de Teatro Jardiel Poncela) desenvólvese nas cidades de Vigo e Santiago de Compostela durante a primavera do movemento 15-M, uns meses antes de que ETA anunciase, en outubro de 2011, o cesamento definitivo da actividade armada, e remóntase aos anos do terrorismo máis duro e dos GAL. Rosalía, unha presa de ETA que vén de saír da prisión despois de cumprir a súa condena, dá os primeiros pasos da súa nova vida en liberdade mentres Brais, cuxa nai o abandonou cando tiña dous anos, trata de descubrir o segredo que agacha a súa marcha. Sobre As cancións a crítica escribiu: "Raúl Dans produce unha peza de valor, en diversos sentidos: dramático, ideolóxico e literario" (Xesús González Gómez). "Xentes sen pasado, sen presente, sen futuro. O conflito particular tórnase universal" (Manuel F.Vieites). "É un pracer asistir aos xiros, engados e reviravoltas que propón o autor" (Xerardo Couto). "As cancións resulta un difícil pero revelador exercicio de indagación no real social e persoal, unha aprendizaxe dura, que manca tanto como galvaniza, que proe porque nos fai máis fortes e conscientes. A vida que supura." (Armando Requeixo). "Un texto, coma todos os deste escritor, para ler e, por suposto, tamén para representar" (Miguel Sande).

Dettagli down

Generi Romanzi e Letterature » Testi teatrali , Cinema e Spettacolo » Teatro » Testi e critica letteraria

Editore Laiovento

Formato Ebook con Adobe DRM

Pubblicato 19/06/2021

Lingua Galiziano

EAN-13 9788484875314

0 recensioni dei lettori  media voto 0  su  5

Scrivi una recensione per "DFW nas profundidades da tristeza infinita - As cancións que lles cantaban aos cativos"

DFW nas profundidades da tristeza infinita - As cancións que lles cantaban aos cativos
 

Accedi o Registrati  per aggiungere una recensione

usa questo box per dare una valutazione all'articolo: leggi le linee guida
torna su Torna in cima