Neste intenso e intimista poemario, Entre vento e treboada, que a autora escribiu trala perda prematura da súa filla maior, cada poema pode sentirse coma único, expresándose cada emoción nun contexto particular e variado ó que o lector pode acceder fácilmente e achegarse con familiaridade. A brevedade de gran parte dos poemas contribúe tamén á formación dunha experiencia fugaz que, nembargantes, permanece e perdura conforme a lectura progresa e remata.
Son estas liñas cheas de sons e silenzos, do cotián e do trascendente coma parte da mesma perspectiva autorial, partitura debatíndose entre realidades por veces distantes que conflúen con naturalidade ó longo do seu percorrido.