Despois do éxito de Filipe ten gripe, as autoras tráennos este spin-off protagonizado pola divertida xirafa Marceliña. A xirafa Marceliña, que non sabe de cociña, quere facer unha gran cea que lle guste á súa sobriña. Xa vos podedes imaxinar o lío que se vai armar! Os seus amigos danlle consellos disparatados e a cea convértese nun banquete aloucado. Ay, querida Marceliña! Que desastre de cociña! Como o vas arranxar? E que imos cear?!