Mondadori Store

Trova Mondadori Store

Benvenuto
Accedi o registrati

lista preferiti

Per utilizzare la funzione prodotti desiderati devi accedere o registrarti

Vai al carrello
 prodotti nel carrello

Totale  articoli

0,00 € IVA Inclusa

Ricardo Carvalho Calero: A ciencia ao servizo da nación.

María Pilar García Negro
pubblicato da Laiovento

Prezzo online:
9,99

Nada galego é alleo a Ricardo Carvalho Calero. Esta frase, que recollemos da que el utiliza para definir o seu admirado e querido Ramón Otero Pedraio, en artigo de homenaxe póstuma que figura nestas páxinas, apropiámola e apómoslla nós a el, como cifra dos textos da súa autoría que escolmamos para dar conta -ben que mínima, significativa do inmenso labor bibliográfico que a súa obra supón nas letras galegas do século XX. Esta antoloxía así o certifica: comprende un arco temporal de cincuenta e sete anos (de 1930 a 1987) e está integrada por artigos, ensaios, estudos lingüístico-literarios, palestras, colaboracións en prensa periódica, discursos...: seis décadas de dedicación continuada á investigación, análise, interpretación, crítica e divulgación da nosa lingua e literatura, nun labor incesante que non ten parangón no seu tempo, para alén do valor, calidade e versatilidade da súa obra de creación en todos os xéneros literarios, tamén ao longo de toda a súa vida. Este volume recolle, con fidelidade textual, unha parte fundamental da súa produción, de interese para profesores, estudantes e público en xeral. Son espello dunha fondura de coñecemento, erudición, rigor documental e calidade de estilo que fan deles leitura imprescindíbel como achega basilar ao tratamento científico da nosa lingua, da nosa literatura e da cultura galega en xeral. Unha obra, en fin, que continúa a ser unha fonte ineludíbel de instrución e de sabedoría para as galegas e galegos de hoxe.

Dettagli down

Generi Romanzi e Letterature » Storia e Critica letteraria » Letteratura, storia e critica

Editore Laiovento

Formato Ebook con Adobe DRM

Pubblicato 02/11/2019

Lingua Galiziano

EAN-13 9788484874614

0 recensioni dei lettori  media voto 0  su  5

Scrivi una recensione per "Ricardo Carvalho Calero: A ciencia ao servizo da nación."

Ricardo Carvalho Calero: A ciencia ao servizo da nación.
 

Accedi o Registrati  per aggiungere una recensione

usa questo box per dare una valutazione all'articolo: leggi le linee guida
torna su Torna in cima